viernes, 16 de enero de 2015

LECTURAS DE NADAL

Este Nadal quixen regalarlle aos meus alumn@s de PDC unha lectura. Como a min non me apetecía quedar fóra do agasallo, tamén escollín unha para min. O título era: Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño.
Elexín esta lectura porque sabía que era unha revisión da  obra Merlín e familia e unha homenaxe ao seu autor, Álvaro Cunqueiro.
E sabedes que? ACERTEI.
Nesta obra, Begoña Caamaño logra recrear  a linguaxe barroca e popular que caracterizaba a prosa do escritor mindoniense e a combinación de humor e melancolía que tantas veces agromaba na literatura cunqueiriá. O mundo artúrico, moi presente na literatura galega, é o marco de fondo da novela.

É verdade que, polo súa complexidade, non podo recomendarlles aos meus alumnos de PDC que lean esta novela, pero si podo dicirlles que,  se algún día logran gozar coa lectura de Cunqueiro e de Begoña Caamaño, nada poderá apartalos do meigallo da literatura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario