miércoles, 9 de diciembre de 2015

OS NOSOS LENSOOs

Ola! Chámome Pilar e o meu compañeiro chamase Óscar. Ímosvos contar como realizamos os traballos que creamos cunha aplicación chamada Lensoo Create; nel debiamos que plasmar parte dos coñecementos que temos sobre Grecia.


Escollimos está App porque permite crear unha presentación máis audiovisual.  A aplicación representou unha dificultade para nós debido a que non se podía refacer e había que gravar para gardar o que levabamos feito; démonos conta diso cando o tiñamos rematado e non se nos gardou. Tivemos un fracaso, frustrámonos e solucionámolo volvendo a crealo e sacando capturas de pantalla. Unha vez feitas todas as capturas, creamos unha nova presentación na que iamos poñendo as capturas e engadindo o audio.


No segundo Lensoo Create tivemos menos problemas grazas a unha guía que fixemos entre todos no encerado do aula. Nesa guía figuraban as seguintes ideas:
  • Fontes
  • Índice
  • Presentación
  • Voces claras
  • Fondos musicais
  • Ter seleccionada a música
  • Axustar os tempos
  • Ensaiar
  • Esquemas
  • Textos para ler


Aquí nos despedimos, deixándovos os nosos traballos.
Primeiro Lensoo Create:


Segundos  Lensoo Create… xa veredes que diferenza:






NUBES DE PALABRAS

 NUBES DE PALABRAS
Ola! Somos Aarón e Johanny . Ímosvos explicar como se fai unha nube de palabras.
Podemos facelo con moitas páxinas web en este caso nós atopamos “TAGUL" esta páxina utilízase entrando por Google plus ou Facebook. Unha vez dentro, dámoslle a “create” na páxina e aparece un cadro onde podemos achegar as palabras que queremos engadir á nube; tamén podemos cambiar a cor, o tamaño das letras..,  Xa terminada,  podemos seleccionar a figura que máis nos guste e  publicala.      
Durante a realización, non tivemos ningún problema; o único que nos custou un pouco foi aproveitar ao máximo as posibilidades que nos ofrecía a aplicación.
Este traballo fixémolo Aarón, Miguel e eu, Johanny. E cada quen se encargaba dun labor; Aarón encargábase de buscar palabras do substantivo incontables, Miguel escribía no ordenador e Jony deseño.   

Cremos que é unha forma de explicar certas cousas dun xeito máis vistoso.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

Infografías

El grupo de 4 PDC : Imane,Miguel, Óscar, Jonny, Pili e Aaron. Fixeron algunhas infografias que podemos ver abaixo.


  • Vantaxes e inconvenientes
As vantaxes da infografía  é explicar a súa idea ou proxecto con máis facilidade, usando fotos e breves resumos.
As desvantaxes da infografá é a facilidade de ser "roubado" e tamén a dificultade de non poder compartir o seu traballo cos nosos compañeiros.


  • Utilidade  na vida profesional e académica
Podemos facer presentacións de traballos escolares, coma neste caso. Tamén a podemos empregar na vida profesional para elaborar proxectos, anuncios decorativos ou presentar ideas para empresas.


A base da nosas infografias esta abaixo:



Infográfia de Imane:


Infografia de   Miguel:


Infografía de Aaron:


Infografía de Pilar:

Infografía de  Oscar:

Infografia de Jonny

Adeus.