viernes, 9 de enero de 2015

INTENCIÓNS

Este blog foi creado para os meus alumnos de PDC I do IES Pino Manso, curso 2014-2015. Nel trataremos de reflectir algúns dos traballos que imos elaborando ao longo do segundo e terceiro trimestre. Por desgraza, as nosas publicacións non serán moi constantes, xa que só dispoñemos dun día á semana da aula de informática.
Por agora eles, (Aarón, Imane, Miguel, Óscar, Pilar e Johanny) son moi reacios a que este blogue sexa público. A min gustaríame que, paseniño vaian superando esas reticencias, que consiga imbuílos da suficiente seguridade como para que se mostren orgullosos do seu traballo e así, poder amosarllo a todo o mundo que se asome á blogesfera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario