miércoles, 21 de octubre de 2015

NOVO CURSO

Xa estamos de volta! Duraron pouco as vacacións?

Pedinlle aos meus alumnos que escribisen as súas aspiracións cara ao curso que vimos de comezar. E agora tócame a min.
Eu, ao igual ca eles, encantaríame que todos promocionasen; afirmar isto nun foro público pode dar pé a algún malentendido. Quero deixar constancia que non lles vou regalar nada, porque eles seguen amosando, día a día, que prefiren gañalo co seu esforzo.
Gustaríame que esta constancia, que me veñen demostrando dende o inicio de curso, se afianzase como unha actitude permanente. Desexaría transmitirlles que o proceso da aprendizaxe pode ser unha experiencia fermosa e que traballar naquilo que te apaixona, a pesar de que o oímos en demasiadas ocasións, nunca será unha maldición bíblica.

Sodes un grupo cheo de calidades! Encantaríame axudarvos a desenvolvelas e seguir aprendendo de vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario