miércoles, 28 de octubre de 2015

CONTOS QUE SON NOTICIA

Este curso comezamos traballando un dos subxéneros xornalísticos: o artigo de opinión. Parecíame interesante que os meus alumnos aprendesen a diferenciar a opinión da información, porque esa capacidade crítica será algo que deberán utilizar en máis dunha ocasión ao longo da súa vida cotiá.
Tamén organizamos un debate; nel, debían presentar argumentos a favor e en contra dunha idea (“É bo que os nenos de 12 anos accedan a internet e ás redes sociais?”). Agradoume moitísimo ver que tiñan preparadas, por escrito, as súas argumentacións e tamén que souberon gardarse mutuamente respecto no desenvolvemento da actividade.

Como estamos dentro do ámbito lingüístico, seguimos traballando coas noticias. Navegando na rede, atopei unha idea que me pareceu moi interesante aplicar. Este é o seu enlace: http://www.catedu.es/abrapalabra/index.php?option=com_content&view=article&id=154&Itemid=222.
Debían partir dun conto tradicional e transformalo nunha noticia, pero traéndoa á realidade próxima e adaptándoa á linguaxe xornalística. Ademais, cumpría que o realizasen na aula de informática e tamén de xeito cooperativo, aplicando unha adaptación da estrutura "O folio xiratorio".

As entradas que leredes a continuación son os froitos do seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario