viernes, 8 de mayo de 2015

 
         Óscar, Aarón e Johanny

  
Liña do tempo

Este curso, no instituto, o proxecto que se decidiu tratar foi “A PAPAR CON CIENCIA”. Partindo dese tema, a nosa mestra decidiu que debiamos elaborar unha liña do tempo estudando a ruta das especias e a súa repercusión que tivo nas diferentes etapas da historia.
Para buscar información, manexamos enciclopedias, internet e documentos fotocopiados en papel.
O traballo foi repartido por etapas, de tal xeito que, a Oscar tocoulle a idade antiga, a Johanny a idade media, e a min, Aaron, a idade moderna.
Sen dúbida, a parte máis difícil foi cando tivemos que buscar a información nas enciclopedias, xa que nelas a información vén moi completa e tardamos máis tempo en sintetizala que se a procurásemos nun ordenador.
A parte máis doada seguramente foi plasmar a información final, xa resumida, nas cartolinas.
Nesta actividade aprendemos moitas ideas referidas á importancia que tiveron as especias sobre diferentes personaxes e acontecementos históricos. Ademais das curiosidades que puidemos recoller sobre a influencia que tivo na evolución do mundo ata como está desenvolvido hoxe en día.
Grazas a esta  tarefa, tamén puidemos adquirir coñecementos sobre xeografía e ademais  aprender a situarnos nas diferentes épocas históricas.   

    



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario