viernes, 22 de mayo de 2015

                                         Aarón, Óscar e Johanny                           
         OBRA TEATRAL
Los dos comerciantes


A idea xurdiu da profesora, a cal quixo unir dous aspectos polos que tiñamos que abordar ao longo do curso. O primeiro eran as características do teatro e o segundo, a Ruta das especias, xa que no noso centro cada ano traballamos un tema. Este curso abordamos contidos referidos á comida; a nosa profe optou por traballar connosco a Ruta da seda ou das especias.


Na redacción desta obra empregamos dous días. O primeiro día custounos bastante avanzar, pero coa imaxinación de Óscar, logramos abrirnos e continuar. Como non o puidemos acabar no seu momento, as mestras deunos a opción de rematalo na casa a través do WhatsApp. En canto aos ensaios, tardamos tres días en memorizalo e ensaialo; posteriormente, protagonizamos a posta en escena, a cal  deixamos para o final da avaliación.  


Eu valoro esta actividade de forma positiva, porque con ela aprendemos a desenvolvernos sós, de forma divertida e interactiva; tamén a redactar textos teatrais e a non ter vergoña cando nos tocou representala. Por outra parte, con este exercicio tamén aprendemos diversos conceptos referidos ao xénero teatral: o subxénero da comedia, o cal adoita representar un conflito de maneira humorística e que os  personaxes adoitan ter unha personalidade concreta e destacar por algún defecto.

Se queres ler a nosa peza déixoche aquí o enlace:

https://docs.google.com/document/d/1SyBfIN82oH9sxZo4voiO3-u8gRs0CD2Oi-guz5XM6UU/edit







No hay comentarios:

Publicar un comentario