jueves, 16 de junio de 2016

Construíndo o noso PLE III. THINGLINK.


 Comezamos debatendo que App ou paxina web podíamos utilizar para crear un documento simple e visual.
Comezamos facendo un PLE para aprender a utilizar Google de forma óptima. De seguido, creamos unha conta en Pinterest para completar a información; esta app  resultounos dunha axuda inestimable, porque nos ofrecía datos históricos simplificados e de maneira visual. Todos estes proxectos que fixemos tiñan un fin: a creación de auras con Aurasma, unha plataforma que permite crear realidades virtuais.
Ao final a ferramenta pola que nos decantámonos foi THINGLINK, unha app/plataforma de traballo. THINGLINK é unha ferramenta que te permite converter as túas imaxes nun taboleiro interactivo. A idea é que, partindo dunha imaxe, se debe ir engadindo elementos que amplíen a información sobre ela, coa intención de enriquecela e facela interactiva.

Unha vez que tivemos claro o que queriamos utilizar, a profesora compartiunos unhas contas xeradas por ela para que traballaramos. Aí é onde comezaron os problemas. O  primeiro foi  que algunhas dos nosos nomes -e as contas correspondentes- contiñan til,  entón THINGLINK non as recoñecía imposibilitando aos nosos compañeiros que puideran acceder e traballar. Na seguinte clase, a mestra xa solucionara ese problema, pero apareceu outro que foi que nas tablets só se compartían copias do THINGLINK orixinal, o que nos obrigou a escribilo de novo no ordenador; aí os problemas non terminaron, xa que se un estaba escribindo o outro non podía facelo, polo que tiñamos que facer o traballo por quendas.




Este proxecto estivo moi ben, xa que THINGLINK é unha app que nos gustou a todos e que, a pesar dos inconvenientes, nos axudou a mellorar o noso traballo.
Aquí vos deixamos o froito do noso traballo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario