miércoles, 17 de febrero de 2016

BOOKTRAILLER PILAR Y IMANE

No meu bibliotráiler falamos da historia de "Habibi". Este relato é protagonizado por unha nena chamada Dodola, a quen seu pai vende a un home maior. A súa tranquila vida cambiara cando uns homes entran na súa casa, matan ao seu marido e a levan consigo. No seu cativerio faise cargo dun neno e escapa con el a vivir nun barco no medio do deserto primeiro e, despois, á cidade. É un libro que consegue engancharte dende a primeria folla, cos seus amoríos e tristezas. Recoméndovos que o leades. O traballo fixémolo coa app "Animoto" . Nela, ti sobes as fotografías que queiras, despois búscalles unha orde e, de seguido, elixes a música; para finalizar escolles o fondo que queres. Xuntando varios "Animotos" coa axuda doutras apps -por exemplo vivavideo- unímolos e podemos facer unha película. A verdade é que me gustou muito esta actividade, principalmente cando sacamos as fotos, pasámolo moi ben: fumos nacasa dunha compañeira, disfrazámonos e ata o seu pai axudou. Despois montar o traballo foi un pouco aburrido, debido a que a rede funcionaba moi mal. Eu repetiría esta app para outros traballos, como por exemplo para facer un anuncio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario