miércoles, 9 de diciembre de 2015

OS NOSOS LENSOOs

Ola! Chámome Pilar e o meu compañeiro chamase Óscar. Ímosvos contar como realizamos os traballos que creamos cunha aplicación chamada Lensoo Create; nel debiamos que plasmar parte dos coñecementos que temos sobre Grecia.


Escollimos está App porque permite crear unha presentación máis audiovisual.  A aplicación representou unha dificultade para nós debido a que non se podía refacer e había que gravar para gardar o que levabamos feito; démonos conta diso cando o tiñamos rematado e non se nos gardou. Tivemos un fracaso, frustrámonos e solucionámolo volvendo a crealo e sacando capturas de pantalla. Unha vez feitas todas as capturas, creamos unha nova presentación na que iamos poñendo as capturas e engadindo o audio.


No segundo Lensoo Create tivemos menos problemas grazas a unha guía que fixemos entre todos no encerado do aula. Nesa guía figuraban as seguintes ideas:
  • Fontes
  • Índice
  • Presentación
  • Voces claras
  • Fondos musicais
  • Ter seleccionada a música
  • Axustar os tempos
  • Ensaiar
  • Esquemas
  • Textos para ler


Aquí nos despedimos, deixándovos os nosos traballos.
Primeiro Lensoo Create:


Segundos  Lensoo Create… xa veredes que diferenza:






No hay comentarios:

Publicar un comentario